Cambados pide á Xunta que desbloquee canto antes o proxecto da nova praza de abastos

CAMBADOS>Cambados pide á Xunta de Galicia que desbloquee o proxecto da nova praza de abastos. Dende o goberno local sinalan que a xunta apraza as súas reunións pero si o manteñen encontros cos alcaldes populares. Oproxecto necesita o plan especial para aprobar todos os trámites antes de setembro, de non ser así, terá que volver a desenvolverse dende o principio.

7 anos despois do seu anuncio, a nova praza de abastos de Cambados está lonxe de converterse nunha realidade. O proxecto atópase parado pendente do plan especial da Xunta de Galicia. O goberno cambadés leva máis dun ano agardando por ese documento.

Segundo o goberno municipal, a xunta comprometeuse a reunirse con eles en canto mellore a situación. Un aprazamento que non entenden xa que os conselleiros si se reúnen con outros alcaldes populares.

O bipartito sinala que é esencial ter o documento canto antes para ter todo o proxecto aprobado en setembro.

O goberno de cambados considera que o bloqueo débese a estratexia política.

O proxecto terá un custo de 3 millóns de euros, financiados na súa maioría polo ministerio de fomento. Un investimento que, segundo o concello de Cambados, podería perderse en caso de que o proxecto tivese que volver comezar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí