A exposición solidaria ‘Caritarte’ prolóngase ata o 10 de xaneiro

    caritarte_copia100.jpgVILAGARCÍA> A mostra exhibirase agora no espazo de entrada do Auditorio. Desta forma buscarase incrementar as vendas durante o Nadal.

    {flowplayer}images/salnes/AMPLIACION_CARITARTE.flv{/flowplayer}

    Os organizadores desta mostra benéfica declararon que, na edición deste ano, non se chegaran a acadar as expectativas en canto a vendas. Tendo en conta o carácter solidario da exposición e o destino benéfico dos cartos recadados, o concelleiro de Cultura, Xosé Castro Ratón, ofreceu ós responsables a posibilidade de prorrogar a mostra noutro espazo ata o 10 de xaneiro. Con esta ampliación, Caritarte poderá aproveitar as datas do Nadal, nas que hai moita actividade no Auditorio, para incrementar as súas vendas.

     Loxicamente, na decisión de ampliar o tempo de exposición da mostra, tamén pesaron os importantes valores artísticos que atesoura. Pódese atopar obras de máis de 80 creadores, entre pintores, escultores e fotógrafos. Entre eles, figuran os nomes da talla de

    A mostra, que dende hoxe se pode ver no Auditorio, é exactamente a mesma que estivo na sala Rivas Briones ata a pasada fin de semana. A exposición foi trasladada na súa totalidade. Ata o de agora lévanse vendidas algo máis de 30 obras, o que supón arredor dun tercio do total da exposición.

    Os responsables de Caritarte aseguran que aínda quedan auténticas xoias, obras que os artistas tasaron moi por debaixo do prezo do mercado tendo en conta o destino solidario dos beneficios desta mostra.

    Redacción Salnés