Ós patróns maiores da Arousa sorpréndelles a sentencia do Prestige.

    O SALNÉS> Minutos despois de coñecerse esta sentencia, recollemos as primeira opinións dos patróns maiores da Arousa sobre a mesma. A maioría declara sentirse sorprendido polo fallo xudicial, ó tempo que aseguran que, once anos despois, non estamos libres de volver a vivir unha situación semellante. Os patróns maiores da Ría de Arousa non están conformes con que non haxa culpables recoñecidos na sentencia do Prestige. Logo de tanto dano causado nesta Ría agardan outra resposta por parte da xustiza. Hoxe non ocultaban a súa sorpresa e tamén nalgúns casos, o seu malestar. Como se ven comentando ó longo dos últimos meses, varios dos patróns votaron en falta varios persoeiros no banquiño dos acusados: é decir, que cren que houbo máis culpables que os que se nomearon. Con todo, a día de hoxe fan unha valoración positiva da recuperación dos recursos pesqueiros, aínda que hai algún, como é o caso do Patrón Maior da Pobra, que pon en dúbida esta cuestión. O que si coinciden, alarmantemente os patróns, é que hoxe mesmo, once anos despois, corremos o risco de volver a sufrir outro Prestige, aínda que coidan que estaríamos só algo mellor preparados para afrontalo. Chama a atención a opinión do Patrón Maior de Portonovo e Presidente da Federación de Confrarías de Pontevedra quen cre que o maior dano do Prestige para a xente do mar tivo lugar na cota de mercado; un mal do que Galicia aínda non foi quen de recuperarse. E é que o xuízo do Prestige foi sen dúbida un dos temas de portada en tódolos medios de comunicación: mesmo a canle árabe Al Jazeera desprazou enviados especiais á zona para dar cobertura á resolución xudicial, que por certo foi en galego para o mundo enteiro por desexo expreso do xuíz. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/13/sector.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/13/reaccions_sector.mp4{/flowplayer}