Autoescola Sálvora imparte cursos de recuperación de puntos

    foto_curso_puntos_carne_salvora.jpgVILAGARCÍA> Sálvora é a encargada de impartir os cursos de recuperación de puntos do carné de conducir.

    {flowplayer}images/salnes/cursos_puntos_carnet.flv{/flowplayer}

    Por 186 € o curso parcial e 351 o de recuperación total, os carnés recuperan os puntos perdidos.

    En 2006 a Confederación Nacional de Autoescolas Españolas foi elixida pola Dirección Xeral de Tráfico para impartir os cursos de recuperación de puntos do carné de conducir e, adxudicou a cinco autoescolas da provincia esta tarefa. Hai dous centros en Vigo, un en Pontevedra e outro en Lalín e, para a comarca do Salnés, o Centro que imparte os cursos é Sálvora en Vilagarcía.

    Os cursos son de dúas modalidades. O parcial, onde, en doce horas, se recuperan as perdas parciais de puntos e os totais, onde acoden os condutores que perderon todos os puntos e os que fan o curso obrigados por unha orde xudicial. Estes, duran 24 horas e un psicólogo intervén na formación. Ao rematar o curso, deberán examinarse de novo para o carné de conducir.

    Os cursos teñen un claro obxectivo que é mentalizar aos conductores e conductoras de que son eles quen poden evitar os accidentes.

    O director do Centro Sálvora asegura que non hai un perfil de persoa que perde os puntos, sen embargo o que si é unha constante é o factor alcoholemia nesa perda e que normalmente os alumnos, comezan o curso enfadados e remátano orgullosos do aprendido.

    Redacción Salnés