![]()
BOIRO> O executivo boirés continúa adiante na elaboración dunha normativa que prohiba o consumo de alcol na rúa, a coñecida como lei antibotellón.
{flowplayer}barbanza/leibotellon.flv{/flowplayer}
Segundo explicou o tenente de alcalde, Xoán Xesús Ares, o gabinete xurídico do concello está a estudar un informe da Federación Galega de Municipios e Provincias respecto a esta práctica. A súa intención pasa fundamentalmente por ter elaborada esta normativa nun prazo máximo de tres ou catro meses.
Na última xuntanza mantida a semana pasada por membros do executivo local con representantes da hostalería a raíz dos últimos episodios violentos acontecidos nas noites de movida das fins de semana foi onde se tomou o compromiso por parte das autoridades locais de elaborar unha normativa municipal que rematara co botellón.
Con esta normativa non só se prohibirá o consumo de bebidas alcólicas na rúa, senón que virá tamén a acabar cun problema derivado do botellón, como é o aspecto que presentan logo destas prácticas numerosos espazos públicos do concello, así como as queixas veciñais por ruídos e actos vandálicos.
Redacción Barbanza








