Abre a oficina da Área de Rehabilitación Integral de Rianxo

    oficinaaririanxo_100_03122009.jpgRIANXO> Os propietarios de vivendas no casco antigo e da  Fincheira e Rianxiño xa poden tramitar axudas para a recuperación dos edificios.

    En maio do pasado ano a Consellería de Vivenda declaraba Áreas de Rehabilitación Integral no municipio de Rianxo o casco antigo e os barrios de Rianxiño e A Fincheira co obxectivo de promover nestes núcleos históricos a recuperación de espazos degradados a través de achegas públicas.

    Esta catalogación beneficia a máis de oitocentas vivendas e suporá un investimento de 42 millóns de euros para a rehabilitación de edificios e a reurbanización de espazos públicos incluidos nestas zonas. 

    {flowplayer}barbanza/oficinaaririanxo.flv{/flowplayer}

    Xa comezou a funcionar a oficina que xestionará e tramitará as axudas. As axudas están dirixidas principalmente a restauración interior e exterior dos inmobles. Quedan excluidos destas achegas os baixos comerciais e as segundas vivendas.

    Seguimento das obras

    Ademáis dun arquitecto, o cadro de persoal da oficina o forman unha avogada, un arqueólogo e unha administrativa. Eles serán os encargados de dar información aos propietarios das vivendas, tramitar as axudas e realizar un seguimento das obras.

    Estas dependencias municipais están emprazada na zona do Adro, na antiga oficina de recadación. O horario de atención ao público será de luns a venres de oito da mañá a tres da tarde e os martes e xoves polas tardes en horario de cinco a sete e media do serán.

    Redacción Barbanza