Uns trinta comercios participarán este sábado na Pink Fashion Noia

NOIA> Esta mañá presentábase unha nova edición da Pink Fashion de Noia Histórica.

A campaña comercial terá lugar este sábado 11 de maio coa participación duns trinta comercios.

Con ela búscase dinamizar o comercio da vila no comezo da tempada de primavera, cunha xornada de grandes descontos.

Os clientes que realicen as súas compras nalgún dos trinta comercios participantes poderán canxear os seus tickets participarán nun sorteo presencial de 500 euros en vales de compra.

Dende a entidade animan á veciñanza, non só da vila senón de toda a comarca a achegarse ese día a Noia e disfrutar dunha xornada de compras.

Ó longo de toda a xornada desenvolveranse tamén diferentes actividades complementarias.