![]()
RIBEIRA> Os actos organizados por distintas asociacións serviron para reclamar as mesmas oportunidades na sociedade para este colectivo.
As voces das persoas con discapacidade deixáronse sentir con forza hoxe no Barbanza. A celebración do Día Internacional da Discapacidade serviu para lembrar as necesidades deste colectivo que reclama vivir en igualdade co resto da sociedade.
{flowplayer}barbanza/diadiscapacidadebarbanza.flv{/flowplayer}
O acto central organizado por AMICOS na praza do concello finalizou cunha solta de globos. Sen embargo, o traballo desta entidade continuará ó longo de todo o ano loitando pola integración plena das persoas con discapacidade. Entre as súas teimas principais, está a de conseguir os apoios para a creación dunha residencia.
Tamén a asociación de persoas con diversidade fncional AMBAR quixo sumarse ós actos de celebración desta data coa lectura dun manifesto e a proxección das curtametraxes gañadoras no cenrtame ‘Nada sobre Nós sen Nós’.
Redacción Barbanza











