Premio Carmen Ferro para asociacións de axuda a discapacitados

    premio_carmen_ferro_copia.jpgPONTEVEDRA>  As asociacións Virxe da O, de Pontevedra, ASPADEZA de Lalín, e Lenda de Redondela, son as gañadoras.

    {flowplayer}images/salnes/PREMIO_CARMEN_FERRO.flv{/flowplayer}

    A gala de entrega de premios Carmen Ferro celebrouse no Día Internacional das Persoas con Discapacidade. A través deste galardón, deuse a coñecer o traballo das asociacións para a integración e a igualdade das persoas con discapacidade.

    Do mesmo xeito, a Deputación pon o seu granito de area a favor da complexa tarefa de sensibilizar á opinión pública sobre este tipo de cuestións. O presidente provincial agradeceu ás asociacións o seu esforzo para conseguir unha sociedade xusta e igualitaria.

     As gañadoras, ASPADEZA, Virxe da O e Lenda, recibiron unha axuda de 6.000 euros cada unha.

    Louzán afirmou que só podían gañar 3 pero que en Pontevedra existen moitas agrupacións que loitan pola integridade das persoas discapacitadas. E engadiu, que todas contan co apoio da Deputación.

    Os presidentes das asociacións recolleron o premio rodeados de compañeiros de traballo e alumnos.

    Redacción Salnés