Rianxo executa un plan de actuación de mellora das áreas infantís

RIANXO> Estes días vén de rematarse a instalación dunha área recreativa infantil no CEIP Ana María Diéguez, na parroquia de Asados.

Os nenos do colexio Ana María Diéguez de Asados poderán disfrutar en breve desta nova área recreativa que vén de instalarse nas inmediacións do centro educativo. Trátase dun circuíto de aventura fabricado con madeira de bosques xestionados de forma sustentable. A maiores tamén se procedeu á instalación doutra área de xogo destinada ós nenos de infantil. As dúas actuacións foron financiadas a través do Plan Único, d a Deputación da Coruña, nas que se investiron máis de trinta mil euros.

–inserto

Pero estas non serán as únicas actuacións previstas. O executivo prevé licitar en breve catro novas zonas de xogo en Buía, a carón da escola unitaria; na Torre, xunto ó paseo marítimo; en Quintáns e tamén en Brión.