OUTES> Tras once días de búsqueda, finalmente este domingo foi atopado o corpo sen vida de Cándido Méndez, o mariñeiro desaparecido o pasado día 26 de novembro en augas da ría noiesa. Foi o cabildo do pósito quen achou o corpo nunha zona comprendida entre a illa da Creba e o porto do Freixo.
{flowplayer}barbanza/cadavercandidomendez.flv{/flowplayer}
Ó redor das catro da tarde deste domingo era recuperado o cadáver de Cándido Méndez, mariñeiro de trinta e tres anos que desapareceu o pasado 26 de novembro cando supostamente regresaba ó porto do Freixo tras faenar nas inmediacións da Illa da Creba. A alarma saltou cando foi localizada a súa embarcarción sobre unhas pedras na costa de Outes.
Daquela iniciouse un operativo de búsqueda que se prolongou durante once días a pesar de que non quedaban esperazas de localizalo con vida.
Esta fin de semana intensificouse o operativo posto que, segundo os mariñeiros, cumpríase o prazo para que o corpo saíse a flote. O sábado, embarcacións de toda a ría así como as lanchas de Salvamento e da Consellería do Mar e un helicóptero do Servizo de Emerxencias de Galicia peinaron a ría por mar e aire.
Sen embargo, foi o domingo cando o cabildo da confraría localizou o corpo sen vida de Cándido nas proximidades da Illa da Creba. O persoal da confraría comunicou o achádego á lancha de Salvamento Salvamar Regulus que trasladou o corpo ata o porto do Freixo onde familiares e compañeiros procederon ó recoñecemento do cadáver.
Causas do falecemento
Posteriormente foi trasladado a Santiago para realizarlle a autopsia que determinará as causas do falecemento. Ata o momento, a hipótese que se barallaba era unha posible caída ó tentar subir á batea.
Redacción Barbanza