Dez compañías, 64 actores en escena e unha representación ‘irrepetible’

VILANOVA> É unha das propostas da Fundación Valle Inclán para conmemorar o aniversario do nacemento do escritor. Terá lugar este sábado, na Casa do Mar de Vilanova ás oito e media do serán. ‘Unha alma para a liberdade’. Esta é a obra creada expresamente para representar este sábado na casa do Mar de Vilanova co gallo do aniversario do nacemento de Valle Inclán. Será a primeira e a última vez que se represente, cando menos así o asegura a director ada Escola de Teatro Valle Inclán. Unha peza única cun plantel de actores tamén único, xa que serán 64 e de 10 compañías diferentes. TOTAL A peza ten unha duración de quince minutos aínda que o espectáculo durará en total 25, xa que vai precedido dunha introdución que asegura será moi atractiva para o público. Comezará ás oito e media do serán. TOTAL Á marxe desta representación, desde a Fundación Valle Inclán teñen marcadas outras dúas citas para celebrar o nacemento do escritor vilanovés. A primeira este mesmo luns na Cidade da Cultura de Santiago, onde se presentará o novo número da revista Bradomín, e a próxima en novembro, en Pontevedra, con data aínda por determinar. Será unha conferencia na que o recoñecido valleinclanista Jean Marie Lavau presentará a obra coa que no seu día gañou o Premio Valle Inclán. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/24/fundacionvalleinclan241013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/24/PROGRAMACION_VALLE_INCLAN.mp4{/flowplayer}