Volve a Pontevedra a Xeración Sónica, o proxecto cultural destinado á mocidade

PONTEVEDRA> Volve a Pontevedra a Xeración Sónica, o proxecto músico cultural destinado á mocidade de entre 13 e 16 anos. Nesta terceira edición, o programa buscará o respaldo de toda a comunidade educativa dos centros de secundaria e do campus universitario.

O Local de Ensaio de Pontevedra volverá a acoller este ano o proxecto Xeración Sónica, un programa impulsado pola Consellería de Xuventude e que está destinado á mocidade de entre 13 e 16 anos. O obxectivo deste curso é promover o interese polas artes e pola cultura entre os máis pequenos.

Na primeira edición deste programa, a organización colaborou co Galegote, co Surfing The Lérez e co Cultural. Nesta ocasión, búscase o respaldo da comunidade educativa, tanto dos centros de secundaria como da Universidade.

Con motivo da Covid, nesta terceira edición redúcense os grupos. Xeración Sónica soamente ofertará 24 prazas repartidas en 6 proxectos.

Xeración Sónica levarase a cabo todos os xoves no Local de Ensaio. Todos os que queiran participar poden anotarse xa na web apuntate.pontevedra.gal

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí