No 2010, Caldas recibirá máis dun millón de euros do Plan E

    plan_e_copia100.jpgCALDAS> O subdelegado do Goberno, Delfín Fernández, visitou o concello de Caldas para coñecer o estado das obras financiadas polo Plan E.

    {flowplayer}images/salnes/PLAN_E_CALDAS.flv{/flowplayer}

    Delfín Fernández e o alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, visitaron as obras da conexión do paso fluvial de A Tafona co Parque-Xardín e comprobaron o estado da pavimentación da rúa da Igrexa. O alcalde da localidade, declarou que sen o Fondo Estatal de Inversión Local, sería imposible mellorar Caldas.

    O subdelegado do Goberno, salientou que Caldas é un exemplo da confianza que o executivo ten nos concellos para estimulala economía.

    No 2010, Caldas recibirá un investimento directo de máis de un millón de euros. Fernández asegurou que neste segundo fondo, requirirase un maior esforzo para lograr un cambio de modelo produtivo. Os proxectos deben estar encamiñados hacia as novas tecnoloxías e o mantemento do medio ambiente.

    Un 20% da transferencia poderá destinarse a prestacións sociais, e preto dun 85% a facer fronte a certificacións de obra.

    Redacción Salnés