Bibiano Fernández-Arruti, novo xerente do Hospital do Salnés

    bibiano_fernandez_arruti_100_080609.jpgSALNÉS> A conselleira de Sanidade presentou ó novo director nun acto no que evitou referirse á reordenación das áreas sanitarias galegas.

    {flowplayer}images/salnes/080609_novo_xerente_hospital_salnes.flv{/flowplayer}

    O novo xerente do Hospital do Salnés, Bibiano Fernández Arruti, é licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Conta cunha ampla experiencia como director e xerente de varios centros sanitarios galegos, ademais de ter exercido como médico – inspector da Administración da Seguridade Social e da Consellería de Sanidade da Xunta. Ante o seu nomeamento como xerente do Comarcal, Fernández Arruti márcase como reto ampliar e mellorar a calidade asistencial do centro.

    Fernández Arruti toma así o relevo a Pedro Soler á fronte da xerencia do Hospital do Salnés. Na súa despedida, Soler fixo balance dos sete anos que estivo no cargo, repasando os logros acadados así como os erros cometidos e as tarefas que quedan por facer.

    O acto de presentación do novo xerente estivo presidido pola conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, quen intentou eludir a recente polémica sobre a reordenación das áreas sanitarias galegas. Farjas rexeitou desvelar os plans da súa consellería sobre o futuro do hospital do Salnés, que o anterior goberno da Xunta deixou integrado na zona de saúde norte da provincia de Pontevedra como centro comarcal. A conselleira aludiu a que traballarán para reforzar os servizos e a capacidade resolutiva do centro.

    A conselleira de Sanidade engadiu que o seu departamento está a traballar para acelerar as obras do Hospital Comarcal, ademais de mellorar os accesos, os aparcamentos e dotalo dos equipamentos necesarios.

    Redacción Salnés