Traballadores de Lantero prepara unha nova manifestación

    VILAGARCIA> Hoxe volvemos a falarlles do conflicto sociolaboral de Lantero posto que onte, tras recibir a notificacións das novas condicións de ERE propostas pola dirección da cartoneira, os traballadores recibiron unha nova mostra de apoio da cidadanía. Preparan unha nova manifestación en Vilagarcía e a sé da empresa será o punto de saída das marchas pola dignidade aquí no Salnés.

    Continúan a multiplicarse as mostras de apoio á plantilla de Lantero logo de que a empresa fixese públicas as novas condicións de ERE que prevé o despedimento de 55 persoas. Esta alento plasmouse onte nas redes sociais onde o lema das súas mobilizacións Lantero somos todos se converteu en hashtag para ateigar a rede Twiter. O plantel da cartoneira recibiu de novo o alento da cidadanía nun acto organizado por Esquerda Unida e que tivo lugar na noite de onte no salón de plenos de Vilagarcía. Aquí anunciouse unha nova manifestación nesta cidade, aínda sen data nin hora. Amais, a sé de Lantero no Polígono Industrial do Pousadoiro será o lugar de partida da marcha pola dignidade aquí no Salnés este xoves, antes da gran concentración do sábado en Santiago. A marcha pola dignidade continuará ata Santiago na que tanto os traballadores de Lantero como a cidadanía en xeral, reclamarán unhas condicións de vida dignas para o global da poboación.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/25/lantero_8.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/25/lantero_eu.mp4{/flowplayer }