11 de decembro: mobilización para a ampliación do hospital

    hospital_salnes100.jpgVILAGARCÍA> A manifestación sairá da Alameda de Vilagarcía ás oito e media. Horas antes a plataforma reunirase co Comité de Empresa do Hospital.

    {flowplayer}images/salnes/SANIDADE.flv{/flowplayer}

    A plataforma do Salnés en Defensa da Sanidade Pública continúa levando a cabo accións para conseguila ampliación do Hospital. Dende a Asociación afírmase que a cidadanía da comarca é vítima dun trato desigual e manifestamente inxusto respecto ás súas necesidades en dereitos básicos en materia de saúde pública.

     Os representantes da plataforma declaran que a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, está alterando o programa de actuacións do Plan Director: a ampliación do complexo hospitalario e o crecemento de servizos.

    A plataforma do Salnés en Defensa da Sanidade Pública pediu, en varias ocasións, reunirse coa Conselleira para dialogar sobre a situación sanitaria na comarca. Sen embargo, nunca recibiron contestación de Farjas.

    Na manifestación do venres a cidadanía vai demandar a urxente ampliación das instalacións e dos servizos do Hospital, así como rexeitar os supostos planos de privatización que a Xunta prepara para O Salnés.

    Redacción Salnés