LOUSAME> O salón de plenos do Concello foi o lugar escollido para a presentación do Trail de Lousame. A cita, que chega este ano á súa oitava edición, disputarase o domingo 28 de decembro.
Como é habitual haberá dúas distancias, unha longa de 25 quilómetros e outra curta de 14.
Coma principal novidade na presente edición é que a carreira estará incluída no circuíto Galicia Trail Runnnig Series da Federación Galega de Atletismo.
Ó Trail sumaranse tamén outras dúas citas importantes como son o Pequetrail e a andaina Belén de Cumes, que se celebrarán o 13 e 14 de decembro, respectivamente.
Unha oferta deportiva no seu conxunto moi destacada, que atrae a centos de persoas, o que permitirá dar a coñecer o municipio.
As inscricións para cada unha das probas xa están abertas a través de www.carreirasgalegas.com







