Máis de 250 vivendas da conca do Coroño contarán con saneamento

    corono2fase.jpgBOIRO> Augas de Galicia adxudicou as obras da segunda fase de saneamento no río Coroño á UTE Empresas Viviendas y Obras Civiles-Lancer.

    {flowplayer}barbanza/segundafasecorono.flv{/flowplayer}

    O obxectivo primordial das obras é instalar unha rede de colectores de augas residuais nos núcleos de Mieites, Comoxo e A Cuncheira, que actualmente carecen dela, e a súa incorporación no núcleo de Pazos á rede de residuais. As obras consisten en recoller as augas residuais dos núcleos anteriormente mencionados e transportalas mediante colectores por gravidade e impulsións ao depósito de Coroño.

    Malia que nesta actuación non se contempla a construción da rede de colectores nos restantes núcleos da conca do río Coroño, os ditos núcleos incorporaranse á rede na terceira fase deste proxecto.

    Comezo inminente

    O prazo de execución desta segunda fase será de seis meses e beneficiarán a máis de dúascentas cincuenta vivendas. Segundo anunciou o concelleiro de obras boirés en vindeiros días darán inicio os traballos.

    Esta actuación é continuidade da primeira fase que consistiu na instalación do colector de saneamento do río Coroño, no treito Brazos-Coroño, mediante unha achega da Xunta de Galicia de preto de cincocentos mil euros. Ademáis o executivo de Boiro traballa noutras actuación realicionadas co saneamento e obras hidráulicas no municipio.

    Redacción Barbanza