O BNG denuncia que a lei de pesca crea inseguridade

    bng_copia100.jpgVILAGARCÍA> O deputado nacionalista Bieito Lobeira, asegurou que os intereses da Xunta non perseguen a competitividade do mexillón de Galicia.

    {flowplayer}images/salnes/BNG_MEXILON.flv{/flowplayer}

    Os nacionalistas afirman que existe un informe da Asesoría Xurídica da Xunta que cuestiona a nova lei de pesca aprobada no Parlamento. Bieito Lobeira cree que a Xunta está a actuar con irresponsabilidade por non ter en conta un informe oficial que contradí varios artigos da lei.

    Dende o BNG afírmase que solicitaron un informe á Consellería do Mar que avale o estudo da Asesoría, pero que non obtiveron resposta. O deputado nacionalista sinalou que, a única forma de salvar o sector mexilloerio, é que a Xunta rectifique a súa política pero, engadiu que o executivo ten outros intereses. Entre eles, intereses en Chile, que permiten a entrada masiva de mexillón, polo que custa diferenciar entre o chileno e o galego. O BNG afirma que de cada dous mexillón, un é galego e outro de Chile. Tamén afirman que a Xunta déixase dominar polas grandes empresas de distribución.

    O Bloque Nacionalista denunciou que coa nova lei de pesca estase a enganar ós profesionais do sector. Segundo os nacionalistas a lexislación recolle que, cun permiso da Xunta, un bateeiro pode ter a concesión da súa lámina no mar. Sen embargo, Bieito Lobeira afirmou que esa concesión ten que dala o executivo central e Xunta só pode dar a concesión de actividade.

    Bieito Lobeira fixo un chamamento ó sector mexilloeiro para que se mobilicen en contra dunha lei que, asegura, discrimina ó mexilón galego en prol do chileno.

    Redacción Salnés