Deteñen a un ribeirense por tráfico de drogas

RIBEIRA> A Garda Civil de Boiro detivo a un veciño de Ribeira coma presunto autor dun delito contra a saúde pública.

A investigación iniciouse tras comprobar que o agora detido puidera estar dedicándose ó ‘menudeo’ na zona.

Nun dispositivo, localizáronlle no seu vehículo unhas 38 doses de cocaína preparadas para a suposta venda, así como 1625 euros en metálico, froito ó parecer das supostas vendas de droga xa realizadas.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, o prendido, ó que lle constan antecedentes anteriores por causas similares, xa pasou a disposición xudicial do xulgado de primeira instancia de Ribeira.

Tamén lle foron intervidos tódolos efectos atopados e o propio vehículo.