Denuncian o ‘sospeitoso aparcamento’ do ex concelleiro de Cultura

    cochearaujo_100_100907.jpgVILAGARCÍA > Un veciño de Vilagarcía captou a imaxe do ex concelleiro de Cultura aparcado no lugar reservado á Policía Local.

    Segundo se pode ver na imaxe, o ex concelleiro de Cultura de Vilagarcía resístese a abandoar certos privilexios dos que gozaba. E cando ten que acudir ó casco urbano a facer calquera xestión, en vez de usa-lo aparcamento de pago que hai a uns metros, non dubida en estacionar entre os coches da Policía Local, mentras o resto de cidadáns pagan ou se arriscan a unha multa deixando o coche uns minutos en doble fila ou en liña amarela. ‘¿Que cidadán se atrevería a facer esto?’ pregúntase este veciño, que tamén quere saber se o señor Araujo ‘conserva algún outro privilexio deses que non teñen o resto de cidadáns’.

    Redacción Salnés