![]()
PORTO DO SON> Un cento de veciños do lugar sonense de Queiruga manifestáronse contra a depuradora que a Xunta ten previsto instalar no lugar da Ponte. Os veciños consideran que o lugar escollido para o emprazamento desta estación de tratamento de augas residuais non é o máis adecuado, dado que afectaría ao ecosistema do río e a praia de O Dique.
{flowplayer}barbanza/concentraciondepuradoraqueiruga.flv{/flowplayer}
Os veciños de Queiruga saben que unha estación depuradora é necesaria no municipio pero non a calquera prezo, xa que creen que ningún residente da localidade ten porque saír prexudicado.
Por iso, a concentración que o tivo lugar o pasado sábado nos terreos onde está previsto emprazar a depuradora pretendía ser, ante todo, un acto para manifestar os perxuicios que causaría a futura EDAR no contorno do río e aos veciños da zona.
O río tamén agocha un importante valor etnográfico, xa que ao longo da súa corrente se sitúan seis muiños de auga. Ademáis, engaden, que non é normal que esta estación depuradora, que dará servizo os veciños de Queiruga e Baroña, se sitúe tan preto de varias vivendas.
Critican a escasa información que están a recibir os veciños deste proxecto por parte da Xunta e o concello.
Se non reciben o apoia necesario por parte da administración local teñen previsto continuarán coas mobilizacións e tampouco descartan realizar outras clase de iniciativas para loitar por un cambio de emprazamento ou a retirada do proxecto.
Redacción Barbanza








