Pontevedra non perde os actos do Día da Lingua de Signos malia o coronavirus

PONTEVEDRA> Pontevedra non vai quedar sen celebra-lo Día Nacional da Lingua de Signos. A Organziación de Xordos de Galicia vai organizar diferentes iniciativas a través da internet para visibiliza-las necesidades das persoas xordas. Entre as iniciativas, salienta un concurso co que se pretende poñer en valor a lingua de signos e o galego, ó tempo que se fomentan as capacidades artísticas e literarias.

A crise do coronavirus non impide a XOGA, a Organización de Xordos de Galicia, celebrar o Día Nacional da Lingua de Signos, o vindeiro domingo. Nesta edición, os actos mudan o físico polo virtual, cun conxunto de propostas a través da internet.

Entre as accións, salienta o concurso Xoga coas manciñas, organizado pola entidade canda o Concello e a Deputación de Pontevedra. Con el preténdese promover o coñecemento da diversidade sensorial, poñendo en valor tanto a lingua galega como a de xordos e fomentando as capacidades artísticas e literarias.

Tamén se van publicar varios vídeos a través das redes sociais cos lemas ‘Eu amo a lingua de signos’ e ‘É lingua, non linguaxe’.

Dende XOGA indican que estes últimos meses puxeron sobre a mesa a invisibilidade do colectivo ante un contexto tan insólito como o do estado de alarma.

Un reflexión á que se suma Paloma Castro. A concelleira de Benestar Social entende que xordos e xordocegos enfróntanse aínda a moitas carencias. Aproveita para mandar recado á Xunta.

O concello de Pontevedra, por certo, instalará instalará unha pancarta no balcón da casa do concello e iluminará de turquesa o consistorio. Tamén se tinguirá desa cor o Pazo Provincial para conmemora-la data.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí