SALNÉS> Tras sete xornadas consecutivas gañando o Grupo Junquera cedeu un empate en Fontecarmoa ante o Trabada. Os erros defensivos dos vilagarciáns impedíulles levarse a vcitoria. Por outra banda, o Viajes Interrías xoga esta noite o seu partido adiado ante o Azkar B.
Tocoulle descansar ó Viajes Interrías esta fin de semana que sen embargpo xogará hoxe o seu partido adiado ante o Azkar B. No seu día, o temporal de auga e vento que pasou por Galicia fixo aprazar o encontro que se xoga a partires das 21:30.
Os lucenses chegan situados en metade da táboa e coa vitola de ser unha das canteiras máis importantes de Galicia e España. Polo tanto virán cun equipo xoven pero de tremenda calidade. Neste encontro incluso poderanse ver a xogadores habituais no primeiro plantel de División de Honra como Keita ou Hugo.
O Interrías precisa da victoria para non verse descolgado e caer ós postos de perigo da táboa. Son cuartos pola cola pero unha victoria faríalles adiantar varios postos dada a igualadade vista na competición. Tódolos xogadores estarán a disposición de Salgueiro agás Óscar que continúa lesionado.
O que sí que xogou esta fin de semana foi o Grupo Junquera que víu como se lle rompeu a xeira de sete victorias consecutivas tras ceder un empate (3-3) co Trabada. O guión do encontro foi ben sinxelo: os vilagarciáns tiveron o dominio do balón e maior número de ocasións pero non souberon concretar; estrelaron cinco balóns ós paus. Os lucenses agardaron á súa oportunidade e esta chegou; varias indecisións defensivas e erros en cadea facilitáronlles as cousas, tanto, que a pouco de principiar o segundo tempo dominaban por 1-3.
Despois a fame de victoria dos de Rodrigo Feijóo fíxolles atacar con todo e acadar un empate a tres, con tantos de Sesar, un a sete minutos para o remate e o outro sobre a mesma bociña final. Con todo o empate soubo a pouco para un Grupo Junquera que cae á terceira praza da xeral.
Redacción Salnés