A II Ruta BTTinto conta con chegar ós mil participantes

 RIBADUMIA> O concello de Ribadumia presentou esta fin de semana a segunda edición da Ruta BTTinto. O evento celebrarase o vindeiro 2 de xuño e a falta de quince días para que se peche o prazo de inscripción, xa conta con 400 participantes. Ó acto de presentación acudíu o ex ciclista Óscar Pereiro, gañador do Tour de Francia en 2006, que exerceu de padriño.

{flowplayer}images/salnes/RutaBTTinto_130513.flv{/flowplayer} 

Ata o 24 de maio está aberto o prazo para inscribirse na Ruta BTTinto de Ribadumia, pero a día de hoxe, os 400 participantes que xa se anotaron superan as previsións da organización que agora calcula a presenza dunhas 1.000 persoas no evento.

A saída desta ruta gratuíta, que se celebra o día 2 de xuño, darase ás 09:30 da mañá na Praza do Concello, e agárdase rematala sobre ás 14:00 no mesmo lugar.

A proposta deste ano son rutas marcadas ó longo de 47 quilómetros con saídas alternativas que redúcena a 33 quilómetros.  As novidades con respecto á primeira edición é a aparición dunha ruta combinada tipo duatlon e unha andaina paralela para aqueles que queiran acompañar ós participantes.

 O percorrido, que tocará os concellos de Ribadumia, Meaño e Meis, está orientado tanto para aqueles que queiran desfrutar do contacto directo coa natureza como para os máis deportistas, con itinerarios esixentes e técnicos.

O padriño Óscar Pereiro non poderá estar presente o día 2 de xuño pero sí que mandou unha mensaxe de ánimo para aqueles que dubidan se facelo ou non.

Redacción Salnés