![]()
PONTEVEDRA> Informouse sobre o impacto que a crise ten sobre as familias e alertouse sobre a publicidade enganosa.
{flowplayer}images/salnes/TERESA_PEDROSA_XORNADAS.flv{/flowplayer}
O obxectivo do Foro de Economía e Consumo, era informar ós cidadáns sobre o perigo que ten a publicidade enganosa e os créditos fáciles, especialmente agora, en plena crise económica. A vicepresidente provincial, Teresa Pedrosa, afirmou que a Deputación quere levar por toda Pontevedra este tipo de charlas para concienciar á poboación.
Os relatores informaron sobre o prol e a contra dos fondos de investimento e de pensión, así como das ofertas hipotecarias. Tamén centraron a súa explicación na reunificación de débedas, o fondo de garantía de depósito e as tarxetas de crédito. Pero foi a publicidade o tema máis controvertido, xa que acumula a maior parte das denuncias.
Teresa Pedrosa eloxiou o traballo da oficina provincial de información ó consumidor que leva traballando desde outubro. Os cidadáns poden acudir a esta oficina para realizar consultas, reclamacións e informarse sobre os seus dereitos e obrigas.
Redacción Salnés










