Durán presenta a segunda edición da Vilanova Outlet

    vilanova_outlet_copia100.jpgVILANOVA> Nela estarán presentes máis de 38 tendas de tódolos sectores e ademais, celebraranse actividades para grandes e pequenos.

    {flowplayer}images/salnes/VILANOVA_OUTLET.flv{/flowplayer}

    Este ano a feira conta con maior presenza que a do ano pasado. Trinta e oito tendas estarán presentes no Pavillón de deportes de Vilanova, así como asociacións xuvenís, de mulleres e, incluso, a protectora de animais. O alcalde, Gonzalo Durán, destacou que a sorpresa deste ano é que están presentes tendas de Vilanova e do resto da comarca pero rexentado por un vilanovés. Todo o necesario para estimulalo comercio da localidade.

    Durán destacou que, en plena época de crise, en Vilanova están crecendo o número de comercios.

    O edil de Comercio, Javier Tourís, afirmou que a feira ten moi boa acollida por parte dos comerciantes e asegurou que o concello aposta por axudar ó comercio local.

    A asociación de comerciantes espera aumentar as ventas a través desta Vilanova Outlet que estará aberta os días 18, 19 e 20 de 10 da mañá a 10 da noite.

    Redacción Salnés