Dolores García mostrou preocupación polo peche de Alfageme

    alfageme_vilagarcia_copia100.jpgO SALNÉS> As traballadoras de Alfageme en Vilaxóan, asistiron esta mañá, a unha reunión coa alcaldesa de Vilagarcía para solicitarlle unha intermediación coa Xunta, para o mantemento d Plan de Viabilidade.

    {flowplayer}images/salnes/DOLORES_CON_ALFAGEME.flv{/flowplayer}

    O persoal de Alfageme en Vilaxoán acudiu ó concello vilagarcián para pedirlle á alcaldesa a súa colaboración para esixirlle á Xunta que non de marcha atrás ó plan de viabilidade. Dolores García reuniuse cos representantes sindicais e escoitou as súas inquedanzas neste momento clave no que comeza o concurso de acredores. Segundo Fernando Ramos, a alcaldesa comprometeuse a iniciar novas xestións coa Xunta e situarse ó lado dos traballadores.

     A rexedora vilagarciá, mostrou a súa preocupación polo peche de Alfageme e a perda de tantos postos de traballo. Sinalou que, dende o concello, vaise poñer todo o esforzo que estea nas súas mans para esixir á Xunta o apoio necesario para a venda da conserveira.

    Mañá, reuniranse os representantes sindicais co director do IGAPE na delegación que a Consellería de Industria ten en Vigo. Dende Comisións Obreiras, non esperan novidades pero seguirán presionando para que a Xunta vele polos postos de traballo.

    O persoal ten esperanza xa que os grupos interesados na compra seguen loitando por facerse con Alfageme. Sen embargo, recoñecen que canto máis se tarde en resolver o concurso, máis desgastada estará a marca.

     Redacción Salnés