O Establecimientos Otero retoma a senda da victoria

tenisdemesa250_161209.jpgCAMBADOS> O Establecimientos Otero volvía a xogar na casa e como non podía ser doutro xeito, venceu. Con este triunfo os cambadeses afástanse dos postos de descenso.

Importantísima victoria do Establecimientos Otero ante un rival directo que dá un respiro ó equipo e os distancia un pouco dos postos de descenso. Os cambadeses impuxéronse por 4-2 ó Santa Eulalia Ibiza logo de facer un gran partido en conxunto.

Liu Junhui demostrou a súa calidade e venceu os seus dous encontros por 3-0. Eduardo Barreiro e Adrián Vidal caeron co chino dos baleares, Long Li Yi, pero puideron ós seus rivais no segundo partido para sumar dous puntos máis que lles deron a victoria. Foi un triunfo moi traballado onde todo o equipo estivo a un gran nivel e destacou a recuperación de Adrián Vidal, que vai collendo moral para seguintes choques. O vindeiro será esta fin de semana, de novo na casa e outra vez ante un rival directo, dos de metade de táboa: o Irún Leka Enea.

En Primeira División Nacional masculina o Caixanova Cambados aceu por 3-4 ante o Rábade, unha derrota moi axustado que veu dada no séptimo partido, no dobres, que se decantou do lado lucense. Contnúan a ser penúltimos.

Situación oposta a do Liceo Casino de Vilagarcía que é terceiro na xeral logo de sumar a súa séptima victoria da temporada máis apurada do previsto ante o pechacancelas Cidade de Narón por 4-3.

En Primeira Femenina o Caixa Galicia Camabdos acadou unha victoria moi traballada en Ferrol ante o Club San Xoan por 3-4, onde destacou a labor do conxunto. Mantéñense en metade de táboa.

Ademais nas ligas galegas déronse estes resultados: na Primeira: Vincios 2-5 Grupo Barros; Joyería Enrique 4- 3 Diario de Pontevedra; Charol 4- 3 Lalín. En Terceira: Cinanaia Cangas 0- 7 Chinelas.

Redacción Salnés