Os ‘polis’ e os ‘gardas’ mantéñense en forma en Vilanova

polis250vid_230108_001.jpgVILANOVA > Este luns xogáronse os partidos correspondentes á segunda xornada da Liga A Pedra, na que participan equipos formados por corpos e forzas de seguridade do Salnés. A Policía Portuaria de Vilagarcía colocouse coma líder en solitario.

Como tódolos luns, o pavillón de San Miguel de Deiro acolleu os partidos desta particular liga que desta volta vivíu unha xornada moi igualada.

Os primeiros que saíron á pista foron os policías locais de Vilanova e os gardas de civís de Vilagarcía. Os vilanoveses aproveitaron a lesión do porteiro rival nun lance do encontro para empatar un partido que se lles puxera moi costa arriba dende o inicio. Ó final, 2-2.

No segundo choque entre policías locais de Vilagarcía e Sanxenxo repetíuse a mesma historia; partido moi igualado e de novo lesión do gardameta vilagarcián. Victoria para os de Sanxenxo por 4-3.

As alternancias no marcador foron a nota predominante no terceiro partido pero a Policía Portuaria demostrou maior oficio para desfacerse da Garda Civil do Grove por 6-3.

No último encontro, os campións do ano pasado, a Local de Cambados, non tivo problemas para golear por 8-2 ós gardas civís de Sanxenxo.

Así as cousas A Policía Portuaria colócase líder destacado con seis puntos, mentres que a Garda Civil de Sanxenxo e a de Cambados pechan a clasficación tras perde-los dous primeiros encontros.

{flowplayer}images/salnes/polis_230108.flv{/flowplayer}

Redacción Salnés