O acceso ó Porto non se soterrará

    acceso_porto_copia100.jpgVILAGARCÍA> O Congreso dos Deputados rechazou a proposta do Partido Popular de soterrar o acceso o Porto de Vilagarcía na zona de O Piñeiriño, na estrada PO-549.

    A comisión de Fomento do Congreso dos Deputados rechazou na sesión de onte, a modificación da obra de acceso ó peirao de Vilagarcía que solicita o Partido Popular. Os socialistas rechazaron a modificación do proxecto porque suporía a paralización das obras actuais na estrada PO-549.

    Uns traballos que están a piques de rematar, segundo a versión dos socialistas. O PSOE propón continuar coas obras actuais e abrir a estrada ó tráfico a principios do ano 2010, coa fin de analizar posteriormente o volume de circulación e comprobar si se necesita a construcción do paso inferior que propón o PP.

    Trala negativa no Congreso, o Partido Popular acusa ós socialistas de ignorar as peticións da Autoridade Portuaria, os veciños da zona e o propio Concello de Vilagarcía. A estrada PO 549 soporta actualmente o tráfico pesado de acceso ó peirao de Vilagarcía.

    Uns 18.000 vehículos ó día. A Autoridade Portuaria manifestouse a favor da proposta do PP para construír un paso inferior na rotonda de intersección na estrada PO549, co obxectivo de que o tráfico portuario non prexudique a circulación viaria dos veciños da zona.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/acceso_porto.flv{/flowplayer}