O goberno de Sanxenxo rexeita en pleno extraordinario instar á Xunta a mellorar a sanidade da vila

SANXENXO> O goberno de Sanxenxo vota en contra da solicitude de Ciudadanos, Bng e Psoe de instar á xunta a que mellore a sanidade no municipio. A oposición solicitou a proposta nun pleno extraordinario no que se fixo valer a maioría absoluta do partido popular. As lideres da oposición acusaron a Telmo Martín de abandonar a sanidade de Sanxenxo e o alcalde respondeu acusándoas de alarmistas.

O concello de Sanxenxo celebrou esta mañá un pleno extraordinario solicitado por tres partidos da oposición: Ciudadanos, Bng e Psoe. O único punto a tratar era que o goberno local instase á Xunta de Galicia a que normalizase os centros de saúde garantindo a atención presencial, a que se incrementase o persoal sanitario e se cubrisen as baixas e as vacacións e a que se realicen probas de detención de Covid 19 de forma gratuíta.

A oposición acusa a Telmo de mentir cando asegura que solicitou á Xunta que incrementase o persoal. Segundo indican, nos documentos intercambiados entre consellería e concello nunca se fixo ningunha solicitude.

As voceiras dos partidos da oposición consideran que o Partido Popular está actuando co obxectivo de desmantelar a sanidade pública.

Telmo Martín respondeu ás tres voceiras acusándoas de alarmistas e xustificou a xestión da Xunta cos datos do Ministerio de Sanidade.

A votación final rexeitou a proposta cos 10 votos en contra do Partido Popular contra os 7 a favor da oposición, incluído Sal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí