Muros pon en marcha unha campaña para garantir o benestar animal

MUROS> O concello de Muros emitiu un bando informativo sobre as obrigas que establece a nova Lei de Benestar Animal. Os propietarios deberán ter identificadas ás súas mascotas con chip así como recoller os seus excrementos da vía pública. A Policía Local intensificará o control sobre estas obrigas de xeito que os propietarios cumpran co establecido na nova normativa. Máis alá dunha obriga legal, dende o concello entenden que se trata dunha cuestión de convivencia polo que apelan á colaboración cidadá para manter limpas as rías do municipio. O mesmo acontece coa necesidade de identificar ás mascotas ante o risco que poden supoñer os cans soltos.