VILANOVA> O alcalde da localidade, Gonzalo Durán, exerceu como mediador para que os interesados cheguen a un acordo que beneficie ó comercio local.
{flowplayer}images/salnes/REUNION_VILANOVA.flv{/flowplayer}
Un importantísimo encontro entre os comerciantes e a promotora do centro comercial con un obxectivo claro, buscar unha solución que beneficie ó comercio local e a cidadanía de Vilanova.
Dende a asociación de comerciantes Vilanova Centro afírmase que non están interesados en instalarse no Centro Comercial. Engaden que, en caso de que a Xunta permita a súa construción, van negociar para sacar o máximo beneficio
. O venres reuniranse na Cámara de Comercio, coa directora xeral de comercio, Nava Castro, e o delegado Territorial, José Manuel Cores Tourís.
A promotora Desarrollos Vilanova, mantén a proposta de beneficios para os comerciantes que decidan instalarse no centro comercial Álvaro
Cernuda afirmou que o centro comercial é unha grande oportunidade para Vilanova, e que se non se fai alí, o máis probable é que se constrúa en Vilagarcía ou en Cambados.
Redacción Salnés