RIBEIRA> O concello de Ribeira convoca por segundo ano a Mostra das Mulleres. Seleccionaranse un total de 30 pezas a incluír nunha exposición colectiva no Centro Cultural Lustres Rivas que se inaugurará no mes de marzo.
Co obxectivo de reivindicar a o papel das mulleres que sacrificaron a súa carreira artística por coidar da familia, como foi a ribeirense Carmina Romero, o concello de Ribeira volve convocar unha exposición colectiva aberta.
As artistas interesadas poden presentar as súas obras entre o 30 de xaneiro e o 14 de febreiro no departamento de cultura. Seleccionaranse 30 pezas de distintas disciplinas que se exporán no Centro culturallustres Rivas do 7 de marzo ó 9 de abril.
Editarase ademais unha publicación con fotografías das obras acompañadas dun texto ou reflexión das propias autoras.











