Detido un ribeirés por un delito de corrupción de menores a través de internet

    RIBEIRA > A Brigada Tecnolóxica da Policía Nacional procedeu á detención dun veciño de Ribeira por un delito de corrupción de menores a través de internet. Francisco Manuel B. B., de 31 anos, está acusado de remitir fotografías pornográficas a un menor de Murcia e masturbarse diante del a través da cámara web.

    A estreita colaboración entre os corpos da Policía Nacional da Coruña e de Murcia fixo posible a detención do presunto pederasta que, dende hai meses, mantiña correspondencia cun menor de Murcia a través de internet.

    O detido, Francisco Manuel B. B., de 31 anos e natural de Ribeira, remitíalle ó rapaz de once anos fotografías con contido pornográfico e mesmo chegou a masturbarse diante del durante unha conversación a través da cámara web.porno_300_07042006.gif

    A colaboración entre os corpos policiais de Murcia e A Coruña foi crucial para identificar ó presunto pederasta, que foi detido pola Policía Xudicial. Durante a detención na súa vivenda, os axentes incautáronse de abundante material informático que contiña pornografía infantil.

    Noutra operación, a Policía Nacional de Ribeira procedeu á detención de dúas persoas acusadas de sendos roubos. D. M. G., alias ‘Nené’ de 29 anos e natural de Moaña, está acusado de roubo con forza no interior dun vehículo que se atopaba estacionado nunha finca no lugar de Deán Pequeno, do que logrou sustraer 400 euros.

    Os axentes da comisaría ribeiresa procederon tamén á detención de A.B.S., alias Ángel Farelo de 31 anos de idade, como presunto autor dun delito de hurto de 4 mil euros nas oficinas dunha empresa situada no polígono industrial de Xarás.

    Redacción Barbanza