González Agra denunciará ó goberno local por acoso laboral

acosopolicianoia_100_17122009.jpgNOIA> O inspector da policia acusa ao alcalde de desposuílo do seu despacho e de non permitirlle exercer o seu traballo con normalidade.

O inspector da policia local de Noia, Manuel González Agra denuncia acoso laboral por parte da alcaldía que ordenou cambiar a pechadura do seu despacho, ao que non pode acceder dende o pasado venres.

No corredor

Agora exerce o seu traballo no corredor do segundo andar da casa do concello, logo de que o venres da semana pasada non puidera entrar no seu despacho ao ser cambiada a fechadura da porta.

{flowplayer}barbanza/acosopolicianoia.flv{/flowplayer}

Manuel González Agra admite que foi avisada a través dun requerimento da Concellería de Seguridade Cidadá de que debería abandonar a súa antiga oficina, pero critica que non se lle proporcionara outra estancia, dado que lle corresponde como superior xerárquico do corpo de policia local de Noia.

Tamén denuncia que se pechara o seu despacho sen que puidera retirar as súas pertenzas particulares. Segundo advirte o inspector da policia esta é outra medida de acoso laboral por parte do grupo de goberno noiés que, di, non lle deixa exercer o seu traballo con normalidade.González Agra ten a intención de presentar unha querela nos tribunais denunciando esta situación de acoso laboral, xa que di, ten suficientes probas que o avalan.

Pola súa banda, dende o concello, a responsable de Seguridade Cidadá, Rosana Mariño e o alcalde, Rafael García Guerrero declinaron realizar declaracións no tocante a estas acusacións.

Redacción Barbanza