Louzán: ‘A Deputación é o salvavidas dos concellos’

    louzan100.jpgPONTEVEDRA> O presidente provincial, ofreceu un almorzo os xornalistas que cobren as noticias da Deputación.

    {flowplayer}images/salnes/ALMORZO_LOUZAN.flv{/flowplayer}

    Rafael Louzán afirmou que a Deputación está contribuíndo a transformación estrutural de Pontevedra con proxectos case rematados como a remodelación do museo da cidade, o novo estadio de Pasarón e o polígono industrial de Barro-Meis. O presidente provincial manifestou a súa voluntade para que estas infraestruturas sexan unha referencia.

    Louzán recordou a posta en marcha do Plan Anticrise e a magnífica acollida que tivo en todos os concellos pontevedreses. Afirmou que os 80 millóns están destinados a atender as necesidades da cidadanía.

    O presidente provincial tamén referiuse ó hospital único de Pontevedra. Afirmou que a oposición está facendo fronte non contra a Xunta, senón contra os cidadáns.

    Louzán afirmou que, pese as informacións de débedas da Deputación, o organismo provincial goza dunha extraordinaria saúde económica.

    Redacción Salnés