Rianxo aproba por unanimidade o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible

RIANXO> Despois de varios anos adherido ó pacto de alcaldes polo clima, o concello de Rianxo aprobou o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible, un requisito para formar parte desta rede que aglutina xa a máis de sete mil concellos de todo o mundo.

Para alcanzar este obxectivo, o PACES contempla unha serie de proxectos concretos. O primeiro, a piques de iniciarse, será a substitución do alumeado público por luminarias LED que suporán un importante aforro enerxético.

Propóñense outras medidas concretas como a renovación do parque móbil municipal, a contratación de empresas que prioricen o uso de enerxías renovables para o subministro das instalacións públicas ou a promoción dunha mobilidade sostible a través de medios de transporte alternativos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí