A rexeneración do Parque-Xardín e a Carballeira comezará no 2010

    alcalde_caldas_blanco100.jpgCALDAS> Así se contempla no convenio "1% Cultural", asinado entre Ministerio de Fomento e concello por unha contía de 700.000 euros.

    O alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, e o ministro de Fomento, José Blanco, entrevistáronse en Madrid para proceder á firma do convenio "1% Cultural". O acordo contempla a recuperación do Parque-Xardín así como a Carballeira na que se celebra a festa do Carneiro ó Espeto e os seus arredores. Con estas obras espérase conseguir unha mellora na relación da zona verde coa trama urbana, co fin de acadar unha maior funcionalidade e accesibilidade.

    As actuacións que se plantexan realizar serán diferentes dependento das catro zonas nas que se divide a área sobre a que se traballará. Para a realización deste proxecto, o Ministerio de Fomento e o concello destinaron un total de 700.000 euros, dos cales 525.000 foron aportados por Fomento. Esta actuación englóbase dentro do programa que o ministerio está a xestionar para poder cubrir as necesidades do patrimonio histórico español.

    Blanco afirmou que este tipo de iniciativas non só son boas para a conservación, restauración e rehabilitación do patrimonio histórico, senon que tamén inciden positivamente na actividade económica e no emprego.

    Redacción Salnés