A mancomunidade do Salnés pecha o proxecto interreg cuxo gran éxito foi a creación do laboratorio de novas tecnoloxías

VILAGARCIA> Balance moi positivo da Mancomunidade do Salnés coa fin do proxecto interreg. Un programa co que axudar ao desenvolvemento empresarial e á posta en marcha de novas tecnoloxías. Entre todos os logros conseguidos polo proxecto, o que máis destaca é a construción do laboratorio de Galicia Turistic.

Despois de dous anos e medio de investigacións e postas en marcha de diferentes iniciativas, a mancomunidade do Salnés chegou ao final do progama Interreg. Un programa lanzado para axudar ao desenvolvemento empresarial así como a posta en marcha de nova tecnoloxías para as Pymes. O balance da mancomunidade é moi positivo.

Ademais da formación e axuda ás empresas, entre as actividades de Interreg destacan os medidores de sinais para medir o fluxo de turistas na comarca, sensores para medir a calidade do aire, importante para axudar á hostalería na loita contra a covid; e sobre todo, o desenvolvemento do laboratorio.

Precisamente, Enercraft foi unha das empresas que participou no programa. A compañía dedicada á fabricación de produtos para aeronáutica, chegou a España dende Canadá hai preto de dous anos, e en ano medio o seu crecemento foi considerable grazas ao apoio do programa.

E moito deste éxito é posible grazas á formación e a axuda recibida polo proxecto Interreg.

En Enercraft crearon as súas baterías para se utilizadas por avións, pero agora crearon novos produtos para ser utilizados por barcos, con máis potencia, menos consumo de enerxía e máis sostibles que as antigas baterías de chumbo do sector náutico. Pola súa parte, a mancomunidade pecha o proxecto Interreg pero xa ten novas metas no horizonte. O organismo porá en marcha un novo programa para levar as novas tecnoloxía e o uso do laboratorio aos concellos do rural.