Ravella ofrece seis parcelas a Sanidade para o novo centro de saúde

    goberno_vilagarcia100.jpgVILAGARCÍA> O Concello de Vilagarcía asegura que Sanidade pode dispor de seis parcelas para construír un novo centro de saúde.

    {flowplayer}images/salnes/propostas_concello.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O goberno municipal de Vilagarcía non quere que se lle culpe por entorpecer a construción dun novo centro de saúde e aplicando o aprobado no último pleno, hoxe mesmo presentou unha lista de parcelas que se podería por a disposición de Sanidade.

    Nese listado figuran terreos nas Eiras, no porto de Vilaxoán; unha parcela anexa ó campo de fútbol de Vilaxoán; outra na avenida de Sobradelo; na Escardia; un solar de Renfe na Avenida de Rosalía de Castro, ou os terreos que ocupaba Lantero. O goberno local esixe a Sanidade que especifique tamén se vai facer un ou varios centros de atención primaria.

    No caso de que sexa só un, o goberno local insiste na antiga Comandancia. Ó contrario do que dixo o presidente da Autoridade Portuaria, o edil Marcelino Abuín asegura que os terreos non están en dominio público marítimo terrestre, nin tampouco no plan de usos nin no plan especial do Porto, polo que non é necesaria unha modificación do PERI. Abuín engade que o Porto non é a única autoridade competente neste asunto. Os edís socialistas cren que este debate é unha estratexia de Sanidade e dalgunhas autoridades locais para enredar e non facer nada. Abuín criticou duramente a reunión que tiveron onte Javier Puertas e Pilar Farjas.

    O goberno local aclarou que a cesión a Sanidade dos terreos que propoñen esixe unha tramitación que pode durar meses, polo que propón á consellería que aproveite ese tempo para redactar o proxecto do novo centro.

    Redacción Salnés