SALNÉS > O sindicato Unións Agrarias reclama do Ministerio de Agricultura unha campaña de fomento do consumo de polo, xa que considera ós medios de comunicación responsables de alarmar innecesariamente e extender na poboación unha “psicose” inxustificada pola gripe aviar. Segundo os últimos datos, en Galicia o 96% da poboación segue consumindo este producto.
Medio rural anunciou a finais de febrero a súa intención de que o humidal Umia- O Grove fose considerado de risco de afectación por influencia aviar. Galicia segue a ser unha zona de baixo risco, xa que as medidas especiais só afectan a 7 dos mais de 1100 humidais existentes, e ningún alberga mais de 6000 aves migratorias, ratio de risco fixado pola UE. O foco detectado en Nixeria é o mais preocupante, posto que Galicia recibe unha ruta migratoria procedente de África e por eso a Xunta decidiu incrementar as medidas no Salnés. O illamento afectará ás granxas avícolas e galiñeiros de Sanxenxo, Meaño, O Grove, Cambados, a Illa, Vilanova, Vilagarcía, Meis, Ribadumia e Poio. Unións Agrarias solicitou axudas directas para os productores. Só no Salnés, de o 1 de novembro as perdas ascenden a 437.000 euros.
Pese ó inicio da crise no sector, UUAA considera positivas as cifras do Ministerio, que recollen que o 96% dos galegos seguen consumindo polo. Comparan esta situación coa anterior do mal das vacas tolas: no informe ministerial do pasado ano recóllese que o número de casos detectados foi maior que no primeiro ano, pero non trascendeu porque os controis son rigorosos e non hai riscos para a saúde. No caso da gripe aviar, o fundamental é establecer os controis e protocolos necesarios para atallar o problema antes de que suma nunha profunda crise ó sector.
Redacción Salnés