A crise non se deixará notar na tradicional cea de Noiteboa

    ceanoiteboa_100_241209.jpgBARBANZA> Esta noite celébrase unha das festas máis familiares do ano, a cea de Noiteboa. A poucas horas de que teña lugar, aínda hai xente que se achega ata os mercados de abastos para realizar as compras de última hora dun menú que sempre é especial pero que segue a tradición: mariscos e carnes serán os pratos estrela desta noite nas mesas.

    {flowplayer}barbanza/ceanoiteboa.flv{/flowplayer}

    O mercados de abastos da Pobra rexistraba esta mañá unha continúa afluencia de xente, que realizaba as últimas compras para a cea de Noiteboa. Como cada ano, vólvese impoñer a tradición, e o marisco estará presente nas mesas nas que nos faltarán centolas, boi, langostino, nécoras e vieira deste menú de Nadal. Tamén a carne, formará parte da cena desta noite. De sobremesa, turrón e doces típicos destas datas.

    Malia que a meirande parte dos barbanzáns xa teñen todo ultimado para esta cea, segue habendo algún que se achegan aos mercados o mesmo día de Noiteboa, co obxectivo de escoller os productos frescos.

    Escaso incremento

    Os prezos dos mariscos e peixes, aínda que subiron en relación a a pasada semana, non incrementan en exceso o gasto de aqueles que escoller o día de hoxe para mercarlos.

    Con todo, a temida crise non está a modificar os costumes dos que queren gozar na mesa das receitas tradicionais. Tan só é necesario acudir a trucos que fagan que o menú sexa asequible para o peto de todos.

    Redacción Barbanza