As mariscadoras de Cabo reducirán os topes ante a caída da cotización

BOIRO> A confraría de Cabo de Cruz pechou o 2017 con moi bos resultados debidos, findamentalmente, á alta cotización que acadou a ameixa. As expectativas para o presente exercicio non son tan boas xa que 2018 arrancou cunha caída nos prezos.

Á espera dos datos oficiais, a campaña marisqueira en Cabo de Cruz pechou con bos resultados grazas ás boas cotizacións. O actual exercicio non se presenta tan optimista cunha importante caída dos prezos que obrigou a parar ó colectivo da flote e está a plantexa runha redución dos topes entre as mariscadoras a pé.

Aínda así, é normal que caia a demanda de marisco tralo Nadal polo que haberá que agardar a ver como evolucionan os prezos nos próximos meses.

Isto no que respecta á ameixa posto que o berberecho segue aínda lonxe de acadar a tan ansiada recuperación. O certo é que comeza a verse xa algo de bivalvo pero aínda é cedo para vaticinar se conseguirá prender. Nas últimas campañas a súa presenza foi case testemuñal.