O Pai Noel visita esta noite os fogares con nenos e nenas das Rías Baixas

    noel_100.jpgA ILLA> O Pai Noel visitará hoxe os fogares das Rías Baixas nos que habiten nenos e nenas. Pero antes do reparto desta noite, onte a tarde deixouse ver…

    {flowplayer}images/salnes/241209_desfile_pai_noel_illa.flv{/flowplayer}

    .. no Concello da Illa no transcurso no xa tradicional desfile de papanoeis. Durante este desfile o Pai Noel tomou nota dos últimos regalos para rematar de cargala zorra na que se despraza.

    Este ano, malia a crise, Santa Claus seguirá traendo agasallos ós fogares galegos.

     Con todo, o que non lle dea tempo a traer ó Pai Noel quedará para os reis magos, posto que, en contra do que se puidera pensar, entre eles hai unha colaboración moi estreita.

    Papanoel xa ten todo listo para esta noite; agora só queda que os cativos se porten ben o que queda de xornada e que se deiten cedo para deixarlle traballar a el e os seus renos e trasgos.

    Redacción Salnés