Amigos e familiares lembran a Ramón Sampedro

PORTO DO SON> O acto, que se celebrou onte domingo na praia sonense das Furnas, tivo este ano un motivo especial tras a recente aprobación da lei da eutanasia en España.

Como vén sendo habitual dende hai uns 23 anos, sempre ó redor do día da súa morte, amigos e familiares de Ramón Sampedro, así como tamén membros da Asociación Dereito a Morrer Dignamente Galicia, volvéronse a reunir na praia sonense das Furnas, ese enclave tan ligado a figura do tetrapléxico sonense, para renderlle unha cálida homenaxe.

A deste ano foi ademais unha celebración especial, tras a recente aprobación da lei da eutanasia. El foi precisamente o primeiro cidadán en reclamar o dereito a unha morte digna no noso país.

Ademais da lectura dun manifesto, procedeuse tamén á lectura tamén a varios fragmentos de textos e poemas na súa memoria..

E alí…no mesmo lugar onde Sampedro faleceu en vida, segundo el mesmo dixo en numerosas ocasións, tras un golpe desafortunado ó tirarse ó mar dende unhas rochas, realizouse tamén a tradicional ofrenda floral…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí