A POBRA> O concello da Pobra organiza un curso de socorrismo impartido por Seforgasa. Ofertaranse un total de 25 prazas para acceder a esta opción formativa que permitirá a obtención do certificado de profesionalidade para traballar en praias e instalacións acuáticas.
A falla de persoal para cubrir as quendas de socorrismo durante os últimos anos levou ó concello da Pobra a promover a realización dun curso para a obtención do título profesional que habilite ós alumnos a desenvolver as tarefas de salvamento tanto en espazos naturais como en instalacións acuáticas.
O curso, cun máximo de 25 prazas, impartirase durante as fins de semana e días festivos para facilitar a asistencia de mozos que están estudando. Os aspirantes deberán ser maiores de idade e ter rematado a ESO ademais de superar as probas de acceso.
Os interesados en inscribirse poden facelo nas oficinas de Seforgasa ou no concello a a través do axente de emprego. O prezo é de 450 euros por alumno.











