OUTES> A cantidade estafada ascende a preto dos mil euros.
A denuncia realizada no cuartel da Garda Civil de Outes puxo sobre aviso ó equipo de Estafas Telemáticas de Noia, que iniciou unha investigación para tratar de esclarecer todo o acontecido. Os axentes comprobaron coma o extracto bancario da conta do denunciante recibira cinco cargos fraudulentos, aínda que só o primeiro deles, por un valor duns mil euros fora cobrado ilegalmente, xa que a tarxeta tiña precisamente ese límite.
As investigacións realizadas por este equipo especializado en estafas telemáticas localizaron ó presunto autor da estafa, que resultou ser un veciño de Madrid.
Ó parecer recibía os pagos a través da aplicación Twyp de ING Direct e reenviábaos a outra conta da súa propiedade, onde posteriormente extraía o diñeiro defraudado a través dun caixeiro.
As dilixencias practicadas xa lle foron remitidas ó Xulgado de Garda de Muros que é quen instrúe a causa.